Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cee recibirá asesoramento da FAEPAC en materia de aforro enerxético

Valentin Gonzalez Formoso e Margarita Lamela
Así o establece o convenio asinado entre o presidente provincial, Valentín González Formoso, e a alcaldesa da localidade, Margarita Lamela.
Cee recibirá asesoramento da FAEPAC en materia de aforro enerxético

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación da Coruña, asesorará ao concello de Cee en materia de aforro e eficiencia enerxética. Os técnicos da FAEPAC realizarán unha análise enerxética das instalacións e dependencias municipais do concello, co obxectivo de establecer un plan personalizado de mellora da eficiencia enerxética, uso racional da enerxía e fomento de fontes renovables.

Ademais, realizarase un seguimento e control do consumo de electricidade, auga quente e calefacción dos servizos públicos. Así mesmo, a FAEPAC encargarase da formación do persoal do Concello, para que adquiran as competencias necesarias para asegurar a redución das emisións e a mellora da calidade ambiental no municipio.

Comentarios