Martes. 15.10.2024
El tiempo

Cee tamén abríu a súa Porta Santa

Apertura Porta Santa Cee 2022-Foto-Rafa Quintans 2
Foto-Rafa Quintáns
Cee tamén abríu a súa Porta Santa

Cita multitudinaria este domingo na Igrexa da Xunqueira de Cee. A apertura da Porta Santa congregou a feligreses e representantes políticos na vila, para abrir así o Ano Xubilar Mariano e dar pistoletazo de saída a un completo curso de actividades ata maio de 2023.

Apertura Porta Santa Cee 2022-Foto-Rafa Quintans 3
Foto-Rafa Quintáns

A parroquia vai estar aberta todo o Ano Xubilar de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h. Destacan na súa programación as Sabatinas, que se farán cada sábado á Virxe nas que se cantará a Salve ao remate da misa. Así, a primera sabatina terá lugar este sábado e cantará o coro do colexio Manuela Rial Mouzo.

Por otra banda, un grupo de colaboradores parroquiais iniciaron unha asociación denominada "Amigos da Xunqueira", que vai levar toda a parte cultural e cada mes presentará un programa de actividades: actuacións, exposicións, conferencias... gracias ao apoio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Cee.
Este é o programa para este maio.

Maio Xubilar en Cee

A gran data

O arcebispo recalcou a importancia da gran cita deste verán.  Co gallo da PEJ Cee vai a recibir a uns 1.200 mozos e mozas de todo o mundo os días 27 e 28 de xullo procedentes de Córdoba e Valencia.

Novas relacionadas

Comentarios