Cee tamén alza á voz por unha OPE co 100% das prazas


Non soen ser multitudinarias, pero son claras. Todos os sindicaos sanitarios convocaban unha concentración nos Hospitais públicos de toda Galicia “contra a ridícula oferta da OPE do Sergas”. Consideran que as prazas ofertadas nas novas oposicións son escasas, e iso que levamos varios anos nos que a oferta aínda foi menor, pensando que o ano das eleccións subiría.
Pero non subiu tanto, como recoñecían as manifestantes (todas mulleres) que baixaron onte á porta do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para facer a súa concentración ás 12:00h. Esixen emprego para tod@s, e esixen que convoquen todas as prazas vacantes de todas as categorías, porque entenden que estas oposicións non só non amplían o persoal se non que non chega para cubrir as prazas abertas.
As reivindicacións tamén piden abolir o proceso de privatización do goberno do PP e apostar polo emprego público e de calidade.
Así, os sindicatos CIG-CCOO-UGT-CSI-F-CESM-SAE-SATSE-OMEGA queren denunciar “a OPE que vén de ser convocada, a eliminación de postos de traballo e a precariedade laboral que se está a dar no SERGAS. Unha política laboral que está afectando mesmo á prestación deste servizo público básico por mor da falta de persoal”.
Novas relacionadas
- Febreiro 2015: Como a política afecta aos usuarios da Sanidade Pública.
- 06-02-15: 14 meses sen pediatra en Carballo.
- Marzo 2014: Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública.
- Artigo de Pablo Vaamonde: A privatización do Sergas.
- Decembro 2013: A Costa da Morte secunda a mobilización pola Sanidade Pública.
- A Costa organízase contra o repago sanitario.
- Setembro 2013: Case 4 anos de espera no Centro de Saúde de Fisterra.
- “Non ao recortes sanitarios”.
- Denuncia de novo a discriminación da Área Sanitaria da Coruña coa veciñanza de Bergantiños.
- 1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión.
- A privatización do Sergas.