Martes. 19.03.2024
El tiempo

Cee xa ten lista unha Programación Deportiva Municipal para revitalizar a Piscina

Programa Deportivo Municipal Concello de Cee 2019
Cee xa ten lista unha Programación Deportiva Municipal para revitalizar a Piscina

O Concello de Cee, a través do servizo de deportes municipal que dirixe Manolo Calo, xa ten lista a oferta de actividades físico-deportivas para este novo curso 2019-2020.

O programa deportivo está dirixido a todas as idades, contemplando actividades diferenciadas entre a poboación infantil e a poboación adulta.

De xeito a vila ceense, coa revitalización do complexo deportivo “Piscina Municipal de Cee”, volve a ser un referente en canto o feito deportivo, podéndose prácticar preto dunha treintena de actividades: escolas deportivas de baloncesto, patinaxe, educación física de base, atletismo, fútbol, fútbol sala, taekwondo, baile deportivo, kick boxing, ioga, jiu-jitsu brasileiro, taekwon-do ITF, boxeo, cursos de natación, aquagym, embarazadas, ximnasia de mantemento en Cee e nas parroquias de Brens, Pereiriña e Toba (Cabaleriza), pilates, actividade física maiores de 65 anos, tonificación, step, trx, baile latino, bike-spining, abdominais, zumba, adestramento persoal, readaptación física, etc.

En www.cee.gal e no correo [email protected] podedes ver máis información. 

Programa Deportivo Municipal Concello de Cee 2019 Interior

Comentarios