Chega a Stoupa unha nova exposición de fotografía da man de Xosé Iglesias Lamela

08:09 31/05/18

Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) é mariñeiro, poeta e fotógrafo; un home polifacético que a base de traballo, de esforzo e sobre todo, de visión, consegue crear obras impecables. No 2011 fíxose célebre na rede social "Youtube" ao gravarse mentras tiraba ao mar varias caixas de pescado como protesta contra a marxinación de Galicia nas cuotas pesqueiras da UE. A súa vida literaria está marcada polo mar e sobre todo polo Gran Sol. Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar.
“Movementos ó sur do mar de María Antonia” está composta por 10 fotografías de 85x65cm onde prima o branco e negro. Con estas obras o autor quere visibilizar os movementos de cada animal, de cada onda, de cada amencer, de cada brisa mariña; o todo. Ademais hai unha protagonista indiscutible en todas as fotografías: a maxestuosa Torre de Hércules, arredor da cal se vai movendo todo baixo a súa mirada.
Durante a presentación Iglesias recitará algúns do seus poemas acompañado pola música en directo que tocará a recoñecida pianista Cristina Rodríguez, que participou no Jordan Rudess´s Keyfest en EEUU e que o proximamente actuará no Rockin´1000 en Italia. A mostra poderá visitarse ate finais de xuño de luns a sábado de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
Creadores da Costa da Morte en Stoupa
- Stoupa volve a trinfar a golpe de arte e vermú
- As mariscadoras de Fernando Rei faenan en Stoupa.
- As sesións vermús xa non só son a golpe de pasodoble.
- Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte.
- Stoupa envólvese de feminidade ca arte xapo-muxiá de Yano Yoro.
- O muradán Roque Rey enche de cor Stoupa coa súa mostra “A Praia”.
- Os barquiños de Mimadriña xa navegan por Stoupa.
- Nando Lestón expón as súas creacións en Stoupa.
- Marcos Rodríguez expón as súas fotografías premiadas en Stoupa
- Este Nadal, regala Stoupidos de arte da Costa da Morte.
- 12 meses facendo estoupar a arte da Costa da Morte
- Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa.
- As Redeiras de Corme, artistas en Cee.
- A deseñadora ceense Jesica Coiradas expón a súa colección de roupa en Stoupa.
- A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa.
- Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
- Un estoupido de cultura para a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Stoupa.