Sábado. 12.10.2024
El tiempo

A CIG concentrouse contra a "non derrogación da reforma laboral"

Concentracion BNG-CIG reforma laboral
A CIG concentrouse contra a "non derrogación da reforma laboral"

Este pasado domingo, nunha soleada mañá, volvía haber concentración diante da casa do Concello de Cee. A CIG convocaba en todo o país, e tamén na vila da Xunqueira, unha concentración “en contra da fraude da nova reforma laboral. “O texto desta nova reforma, ademais de manter as medidas máis lesivas da do PP, incorpora outras novas que favorecen o empresariado á conta, outra vez, da clase obreira”, denuncian dende o sindicato.

A concentración estivo apoiada polo BNG, con representantes de toda a Costa da Morte, así como deputado carballés Daniel Pérez.

Alex Lopez leu o manifesto

Foi Xabier Santos o que leu un comprometido discurso, lembrando que “saímos á rúa hoxe para dar resposta a unha nova e lesiva contrarreforma laboral e para esixir a derrogación total das reformas laborais como o único xeito de recuperar os dereitos roubados á clase traballadora”.
“As reformas postas en marcha durante os anos 2010 e 2012 polos distintos gobernos neoliberais (de PSOE e PP), recortaron dereitos económicos e sociais e configuraron un modelo de relacións laborais asentado na precariedade, no traballo sen dereitos e na pobreza salarial. Reformas que debilitaron as nosas posicións de clase no conflito capital-traballo e que favoreceron os intereses da Gran Patronal”.

”Asistimos agora a unha nova reforma laboral acordada polo Goberno Español, a CEOE e os sindicatos UGT e CCOO, unha contrarreforma laboral que non permite a recuperación de dereitos e que sen dúbida ningunha consolida, avala e branquea as reformas antiobreiras e antisociais do PP. Non é certo polo tanto que esta nova reforma, que esta NON DERROGACIÓN DA REFORMA LABORAL, avance na recuperación de dereitos. TRATASE DUNHA FRAUDE orquestrada na mesa do dialogo social que da cobertura e coartada ao goberno do PSOE e Unidas Podemos para xustificar o incumprimento das súas promesas electorais de que ían derrogar a reforma laboral ao chegaren ao goberno.
Estamos POIS diante dunha nova fraude – iso si- con cunha coidada posta en escena que pretende facernos crer o que non hai; que estamos diante dunha profunda reforma do mercado de traballo e que imos gañar en novos dereitos
", sinalou.

Nada de isto é certo quén sae gañando con esta reforma é  a Patronal porque mantén intactos os aspectos máis lesivos da reforma do PP do ano 2012 que permanecen inalterábeis QUE PODE SEGUIR DESPEDINDO DA MANEIRA MÁIS FACIL E MÁIS BARATA// QUE MANTEN A ELIMINACIÓN DOS SALARIOS DE TRAMITACIÓN  //A NON NECESIDADE DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PARA OS DESPEDIMENTOS COLECTIVOS //  QUE MANTEN INTACTA A POSIBILIDADE DE MODIFICACIÓNS SUBSTANCIAIS DE PRÁCTICAMENTE TODAS AS  CONDICIÓNS DE TRABALLO E MESMO RESPECTO DA ULTRAACTIVIDADE DOS CONVENIOS COLECTIVOS NON SE GARANTE A PLENITUDE DO CONVENIO SECTORIAL SOBRE O CONVENIO DE EMPRESA EN TODAS AS CIRCUNSTANCIAS.

Incorpóranse novos contratos de formación e temporais, e modalidades de ERTES que aínda van a precarizar máis as relacións laborais. Crease unha nova modalidade de traballador precario baixo o novo contrato de fixo –discontinuo, creando unha realidade de permanente temporalidade, eventualidade e inseguridade laboral a través dos cambios  introducidos na tipoloxía dos contratos pero que non deixa de ser precariedade.

Comentarios