Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A CIG convoca en Cee unha concentración polo Día do Traballador

Concentracion da CIG polo 1 de maio en Cee-Foto-JT
Concentracion da CIG polo 1 de maio en Cee de hai uns anos-Foto-JT
A CIG convoca en Cee unha concentración polo Día do Traballador

A CIG non falla á súa cita co Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora. Faino cun total de 16 manifestacións e concentracións nas sete cidades e varias vilas do país baixo o lema “Por unha saída galega xusta da crise”. Un lema que resume as principais demandas da central sindical para enfrontar a crise económica que xa viñamos padecendo en Galiza, agudizada agora pola pandemia.

A Unión Comarcal da CIG da Coruña convoca pois, ademais da manifestación na Coruña ás 1200h dende a Praza de Vigo, unha concentración en Cee, ás 12 horas na Praza do Concello.

Comentarios