Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ciudadanos Cee ficha a Álvaro do Montañés

Ciudadanos Cee ficha a Álvaro do Montañés
  Vai dar que falar a campaña electoral en Cee. Xa está vivindo o primeiro episodio de convulsión no seo do PP local. Pero seguro que non será o único. De feito, a actualidade déixanos un novo movemento. Álvaro Fernández Durán, coñecido como “O Montañés”, está a piques de rubricar a súa fichaxe por Ciudadanos Cee, aproveitando o símil futbolístico. Álvaro Fernández Durán, O Montañés, únese ao Ciudadanos de Plácido García Insua Álvaro Fernández Durán, O Montañés, únese ao Ciudadanos de Plácido García Insua ”O Montañés” será o nº 2 da lista que encabezará de novo Plácido García Insua, tendo moitas opcións así de entrar no pleno ceés. Foi o Montañés unha das sensacións da campaña de 2015 cando irrumpiú, como voceiro de Converxencia Galega, cunha linguaxe moi directa e prometendo accións como a pista de skate. Un dos puntos en común entre ambos para decidir unir forzas é que os dous prometen traballar de balde para o Concello e evitar así “que os políticos cobren barbaridades como os 4.000€ que está cobrando algún”, sinala Plácido. https://quepasanacosta.gal/debate-en-cee-4-candidatos-ausentanse-un-verdadeiro-exercicio-de-democracia-directa/    

Comentarios