O Club Cee Deportes de Contacto volve ser anfitrión dunha nova Xornada da Liga de Taekwon-Do ITF
Este sábado 7 de febreiro de 2026 o Pavillón Municipal de Cee acollerá a primeira xornada da Liga FITE Galicia de Taekwo-DO ITF 2026. O anfitrión, o club local “Club Cee Deportes de Contacto”, será un dos participantes xunto cos clubs ITF Oroso, ITF Noia, Liceo de Noia, Ordes Fight Club e o Club Chong de Carballo.
Preto de 300 deportistas participarán nesta xornada (inauguración prevista ás 9:30 horas) en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 22:00 horas. O Club Cee Deportes de Contacto anima a todos os veciñ@s que queiran acercarse á instalación (entrada é de balde).
O club local, que fundouse no 2009, ten na actualidade mais de 60 deportistas. Ademais da actividade competitiva, o Club Cee Deportes de Contacto conta cunha escola deportiva de taekwon-do ITF durante todo o curso escolar (de setembro 2025 a xuño 2026), e un campus deportivo de verán (meses de xullo e agosto) que está dirixida a todas as idades.


