Xoves. 25.04.2024
El tiempo

“Coa retransmisión en directo dos plenos polas redes gañamos todos en transparencia e calidade democrática”

pleno cee
Captura da emisión dun pleno en Cee
“Coa retransmisión en directo dos plenos polas redes gañamos todos en transparencia e calidade democrática”

Concellos como Ponteceso, Muxía ou Santa Comba están, a pesar da voráxine municipal na que viven, creando un hábito interesante na comarca: a emisión dos plenos.

Outros como Cee, están a facelo unhas veces si e outras non. Este mes de maio, por exemplo, o pleno non foi retransmitido en streaming nin subido despois ás redes sociais municipais, por supostamente un “erron na grabación”. De aí que o BNG solicite solucións para a emisión dos plenos.

Serxio Domínguez pide ademais que se “faga como en outros moitos concellos, que se retransmitan en directo por youtube e polas redes sociais”. Para iso pide que “se dote a persoa contratada para tal fin cos equipos precisos para facer este traballo adecuadamente, insistimos que non podemos destinar 18.000 euros anuais a pagar un soldo e logo non ter un equipo de grabación e son en condicións. Estamos falando dunha inversión ridícula comparada coa cifra antes mencionada”, sinala.

”A veciñanza de Cee que ten dereito a ver e oir os plenos nos que se decide sobre as cuestións que marcan o futuro do concello”, indica ao tempo que denuncia que “a equipa de goberno está facendo un claro uso partidista e partidario deste servizo de información a cidadanía”.

”Coa retransmisión en directo, vía streaming como se coñece comunmente, gañamos todos en transparencia e calidade democrática”, sentenza.

Comentarios