Un coche calcinado tras un incendio nun garaxe na Pereira

09:42 21/05/19
Esta madrugada, pasadas as 3:20, os Bombeiros de Cee, Protección Civil Cee e Garda Civil recibían unha chamada dende A Pereira (Cee). No número 4 prendeu lume un garaxe quedando calcinado por completo un vehículo.
Os Bombeiros procederon á extinción con dúas liñas de auga desde o mesmo vehículo, unha vez extinguido seguiron durante un tempo arrefriando ás paredes do interior do garaxe. Cando confirmaron que está ben extinguido, deron por rematada a intervención.
Había moita carga térmica no lugar á chegada dos Bombeiros