Venres. 22.11.2019
El tiempo

Colaxe gaña a primeira edición do concurso de música infantil Quero Cantar

Colaxe gaña a primeira edición do concurso de música infantil Quero Cantar
A banda Colaxe e a ganadora do primeiro premio que consiste na gravacion dun videoclip e 300 euros para comprar materiral musical Fernando e Elsa, dous dos compeñentes da banda Colaxe de Laxe Finalmente foi Colaxe, a banda formada por Elsa e Fernando de Laxe e outros dous componentes, a gañadora da primeira edición do concurso de música infantil Quero Cantar, organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. “A iniciativa naceu para que nenas e nenos se botaran a cantar en galego e acompañar o extraordinario momento da música infantil na nosa lingua”, dixo a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín na gala final que se desenvolveu esta tarde no Teatro Colón da Coruña. As alumnas do colexio Manuela Rial de Cee tamen chegaron ata a final do concurso Quero Cantar As alumnas do colexio Manuela Rial de Cee tamen chegaron ata a final do concurso Quero Cantar Leila Santos, Xente Miúda de San Orente, a Banda Batuke, do colexio das xesuitinas da Coruña, o colexio Manuela Rial Mouzo de Cee e Colaxe (as dúas últimas representando a Costa da Morte) foron as cinco bandas protagonistas da final da primeira edición de Quero Cantar. Os grupos chegaron a esta cita logo de superaren dúas fases onde deberon someterse ás valoracións dun xurado de artistas profesionais e tamén ao gusto do gran público a través dunha votación nas redes sociais. "Durme Elsiña", de Colaxe Finalmente, o xurado formado por cinco nenas e nenos de diferentes etapas de educación primaria decidiu que a vencedora sexa a banda Colaxe, de Laxe. Para el vai o primeiro premio, que consiste na gravación dun videoclip e en 300 € para a compra de material musical. Colaxe é un grupo formado na vila de Laxe por catro componentes e que ten unha salientable vocación didáctica xa que adoitan facer actuacións para público familiar nos que a interactuación cos asistentes cobra sempre un papel especial. O guitarrista, Fernando, compuxo o arrolo Durme, Elsiña para lle cantar á súa filla Elsa cando esta era pequena. Agora Elsa ten sete anos e é ela mesma quen o interpreta para presentarse ao Quero Cantar. Os restantes catro finalistas tamén reciben cadansúa cantidade para a compra de material. Ademais, estas cinco cancións finalistas, xunto con outras cinco cancións que as acompañaban na fase previa, pasan a formar parte do disco Quero Cantar 2016, que a Deputación da Coruña vai editar e distribuír entre colexios públicos de toda Galicia e que tamén se poderá descargar de balde desde a páxina web www.querocantar.gal. A importancia da lingua “O máis relevante é que o “Quero Cantar” fixo que nenos e nenas cantaran na nosa lingua. Vivimos un momento  excepcional para a música infantil en galego mais é preciso aínda animar ás crianzas a que se boten a cantar e ese era un dos obxectivos do concurso”, sinalou Goretti Sanmartín que defendeu na súa intervención o poder da canción como “unha maneira de transmitir a nosa lingua, de usala e de contaxiala”. Pablo Diaz e a sua banda Tic tac toc encargouse de abrir e pechar a gala celebrada esta tarde no teatro Colon Pablo Díaz e a sua banda Tic-tac-toc encargouse de abrir e pechar a gala celebrada esta tarde no teatro Colón Para todas elas era unha cita moi especial, desbordante de emoción, alegría e tamén algúns nervios. Unha circunstancia que non obstante salvaron todas con notable bo facer e, deste xeito, a final converteuse nunha verdadeira festa que fixo as delicias dun Teatro Colón ateigado de grandes e crianzas. Conducida pola actriz Isabel Risco, a gala contou tamén coa participación dun dos estandartes da música infantil en Galiza, Pablo Díaz e a súa banda Tic-tac-toc, que se encargaron de abrir e pechar a tarde e de arroupar a rapazada no emotivo momento da lectura do veredicto. A oportunidade de actuar nun escenario como o do Teatro Colón, a carón de artistas consagrados e cun amplo público, foi para os grupos participantes, unha recompensa para o traballo realizado na participación no concurso que comezou no momento en que decidiron compoñer unha canción para presentarse ao Quero Cantar. Ao final da gala, todas as bandas interpretaron a cancion popular Quero Cantar que lle da nome ao concurso Ao final da gala, todas as bandas interpretaron a cancion popular Quero Cantar que lle da nome ao concurso O nome do concurso, Quero Cantar, está tirado dunha coñecida copla popular que recolle ben o espírito do que pretende ser esta iniciativa, na que prima a creatividade e onde se reivindica o gusto pola música e o canto. Ese espírito foi o que se viu reflectido sobre o palco do Colón cando, no remate da gala, tras a lectura do veredicto, todas as bandas interpretaron xuntas o retrouso dese Quero cantar que xa se converteu en sintonía oficial do certame.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios