O Comercio de Cee apaga a iluminación nocturna
13:10 30/03/22
Seguindo a liña de protestas contra a suba da luz e a perda de poder adquisitivo que protagoniza o comercio e a hostalería de lugares como Baio, Vimianzo ou Ponteceso, o comercio ceense tamén quere poñer o seu grao de area. A partir da iniciativa duns poucos establecimentos, boa parte do comercio ceense apagará a iluminación nocturna ata novo aviso.
Esas luces que quedan prendidas nos comercios dando cor a unha vila entre o peche (20:00/20:30h) e aproximadamente a media noite, serán apagadas en símbolo de protesta.
As peticións evidentes: "Un prezo xusto da tarifa eléctrica".