Comezan as primeiras obras para reabrir a piscina de Cee


Tras dous anos pechada, parece que é certo que comeza conta atrás para a reapertura da piscina municipal de Cee. Esta mañá, a empresa adxudicataria das obras de recuperación da piscina, imprescindibles para a súa posta en marcha, firmaban a acta de replanteo, é dicir, o comezo das obras. Unhas obras, que implican un investimento de 40.000€ por parte do Concello, e que tardarán 2 meses en executarse.
Non é o único paso que parece se está dando para que a piscina estea aberta, esperan, en outubro. De xeito paralelo, iranse acompetendo as obras previstas pola Deputación, que están en fase de licitación e que se aprobarán no pleno de maio.
Ademais, o paso máis importante, o Concello vai convocar en breve a mesa de contratación para adxudicar a concesión da xestión da infraestrutura.
Novas relacionadas
- 25-01-18: Conta atrás para a reapertura da piscina en Cee.
- Xullo 17: A Deputación comprométese a estudar a posibilidade de colaborar na reapertura da piscina de Cee.
- 07-07-17: Novo retraso para a reapertura da piscina tras quedar deserto o concurso.
- 05-04-17: O PSdG pide ao goberno de Cee que “deixe de marear a perdiz” no asunto da piscina.
- 04-04-17: Novos atrancos para a reapertura da piscina cando se cumpre un ano do seu peche.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- 22-02-17: Máis de 600 sinaturas solicitan que a piscina de Cee sexa xestionada directamente polo concello.
- 20-09-16: O Consello Consultivo bota a Aquacenit da piscina de Cee
- 25-08-16: O BNG de Cee pide celeridade para solucionar o problema da piscina.
- 15-07-16: Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee.
- 01-06-16: A non-piscina de Cee, á escuras.
- 26-05-16: Esixen a intervención urxente do Concello ante a cascada de problemas ca piscina municipal de Cee.
- 15-04-16: Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- 06-04-16: Os traballadores da xa pechada Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)