luns. 06.04.2026
El tiempo

Baio celebrou unha emotiva inauguración do céspede do Platas Reinoso

Gran Ambiente no Platas Reinoso
Gran Ambiente no Platas Reinoso
Baio celebrou unha emotiva inauguración do céspede do Platas Reinoso

Xornada emotiva a vivida no Platas Reinoso este domingo. Mentres a meirande parte do Fútbol costeiro estaba pendente do que pasaba nas semifinais da Copa da Costa as familias de Baio e Zas dábanse cita no campo baiés para inaugurar o novo céspede.

O Concello de Zas fixo unha completa obra de remodelación, por 300.000€, completando ademais a renovación do céspede do campo de San Andrés e das cubertas dos pavillóns das dúas vilas principais do Concello.

Ademais do alcalde de Zas, Manuel Muíño, estiveron presentes o presidente da Xunta Xestora da RFGF, Pablo Prieto, así como Manuel González Corredoira, delegado da Real Federación Galega (RFGF) na Coruña e A Costa, veciño de Zas e histórico adestrador do club. 

Lolo Muino na inauguracion do Platas Reinoso
Lolo Muiño na inauguracion do Platas Reinoso

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, destacou o éxito da xornada e quixo agradecer “a todas as persoas que se achegaron a compartir connosco este día tan especial”, así como “a comprensión do CD Baio, xa que unha obra que inicialmente estaba prevista para dous meses acabou prolongándose ata os seis debido ás condicións climatolóxicas adversas, que dificultaron os traballos”.
O rexedor quixo tamén recoñecer “a colaboración do Sporting Zas, que acolleu ao CD Baio durante o tempo que duraron as obras”. Finalmente, o alcalde afirmou que “o Platas Reinoso convértese agora no mellor campo da Costa da Morte, grazas a unha gran inversión que dota ao municipio dunhas instalacións modernas e cun céspede de última xeración á altura do que merece a nosa veciñanza e os nosos clubs”.

CD Baio na inauguracion do Platas Reinoso
O CD Baio na inauguración do Platas Reinoso

Simbólicos homenaxes a xogadores como Bieito, Yago Couto e Rubio, ou ao expresidente, e unha das almas do club baiés, Chino, que se vestiron de curto para enfrontarse no choque entre veteranos e sénior dos dous clubs protagonistas.  Antes, a xornada comezara cun partido das categorías inferiores do Club Deportivo Concello de Zas.

CD Baio homenaxe Yago Couto e Rubio,
Homenaxe a Yago Couto e Rubio
Homenaxe a Bieito
Homenaxe a Bieito
homenaxe a Chino
Homenaxe a Chino

Comentarios