Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Comité de XEAL consegue o apoio d@s rexedor@s de Cee, Dumbría e Mazaricos para evitar a concesión allea da estación da Ruña

Reunion de XEAL cos alcaldes de Dumbria-Mazaricos e Cee
Reunión de XEAL cos alcaldes de Dumbría, Mazaricos e Cee
O Comité de XEAL consegue o apoio d@s rexedor@s de Cee, Dumbría e Mazaricos para evitar a concesión allea da estación da Ruña

Importante reunión a mantida na tarde de onte, luns 23 de outubro, entre o Comité de Empresa de XEAL (ou da empresa resultante da venda) e os alcaldes de Dumbría, Mazaricos e a alcaldesa de Cee. Unha reunión para unir posturas despois da venda das fábricas e das centrais hidroeléctricas co grupo Energo-Pro. Os rexedores, cansos de ter que negociar con direccións distintas cada pouco, amosaron o seu apoio ante a petición de instar a Xunta a unha rápida actuación para garantir o cumprimento das cláusulas concesionais.

Os representantes do Comité debullaron as alegacións que presentaron ante Augas de Galicia ante a intención de construír unha estación reversible de bombeo an Ruña (en Mazaricos), deixando claro que a Xunta non debe aprobar esa concesión se non é para a mesma empresa, de xeito que a produción hidroeléctrica siga ligada ao mantemento, e neste caso aumento, de postos de traballo tanto nas estacións como nas fábricas.

A parte sindical e os rexedores quedaron en presentar un escrito conxunto á Augas e pedir igualmente unha reunión en conxunto, "agardando así non volver quedar nunha situación de desamparo como a que vivimos no ano 2019, cando se producíu a venda de Ferroglobe a Ithaka, e non tivemos ningún apoio”.

MÁIS NOVAS SOBRE XEAL

Comentarios