Venres. 26.04.2024
El tiempo

O comité de XEAL convoca concentración en apoio a traballadora que sufriu acoso sexual

Concentracion acoso xeal
O comité de XEAL convoca concentración en apoio a traballadora que sufriu acoso sexual

Seguen cun pé na fábrica e outro na rúa en clave de protesta os traballadores de XEAL. Desta volta o comité de XEAL desprazarase este mércores 17, ata A Coruña, para realizar unha concentración ás 10:30 horas, diante dos xulgados da Coruña. Nesta caso toca mobilizarse en apoio e solidariedade cunha das compañeiras que sufriu acoso laboral e sexual por parte dun superior. A protesta realízase coincidindo coa celebración do xuízo pola denuncia que a traballadora presentou por estes feitos.

Con esta concentración, o comité quere amosar o apoio de todos os traballadores e traballadoras a súa compañeira e ao tempo denunciar a actuación irregular por parte da empresa pois. Denuncia o Comité que tras a posta en coñecemento das situación de acoso por parte das vítimas o pasado mes de xullo, “a empresa tentou ocultar estas denuncias iniciando un proceso de pesquisas á marxe do establecido no seu plan de igualdade e impedindo deste xeito que o comité e os/as delegados/as de prevención tiveran coñecemento da apertura dunha investigación e puideran participar da mesma, tal e como se establece na lexislación vixente”.

De feito, sinalan que “a dirección recoñeceu a existencia de condutas inapropiadas por parte dun superior - que poderían ser constitutivas de acoso moral, laboral e sexual-, pero incumpriu de maneira flagrante o plan de igualdade ao non adoptar medidas contra o presunto agresor, non constituír unha comisión de investigación, nin dar traslado destas situacións á representación social”.

Ademais, advirten que “XEAL suplantou de maneira totalmente ilegal a representación unitaria dos/as traballadores/as, nomeando un "Defensor do Empregado" e deixando así nunha situación de desamparo ás traballadoras que sufriron o acoso”.

Para o comité aínda resulta máis grave resulta que, “malia concluír que o denunciado incorreu en condutas non permitidas pola empresa no seu plan de igualdade, a empresa non tomou ningunha medida, dando acubillo a un individuo que leva a cabo condutas totalmente contrarias aos principios que ten aprobados".

Por todo iso avisan que "combateremos con todas as ferramentas que temos ao noso dispor este tipo de comportamentos para que non se volvan repetir e esixiremos á empresa responsabilidades pola súa actuación irregular e neglixente".

Negociación do convenio

Mentres, o Comité leva denunciando que a empresa está dilatando a negociación do convenio colectivo para adaptalo ao do sector e reducir as condicións actuais. A empresa vén aceptar negociar un novo convenio colectivo coa mediación do AGA (Consello Galego de Relacións Laborais) "coa confianza que poderá chegar a un acordo equilibrado e satisfactorio para todas as partes implicadas", ao tempo que denuncia o "inmobilismo practicado pola parte social" durante todo o proceso de negociación.
 

Novas relacionadas

Comentarios