Mércores. 18.09.2019
El tiempo

Comproba como está a túa empresa na rede coas Xornadas Impactic de Empresas da Costa

Comproba como está a túa empresa na rede coas Xornadas Impactic de Empresas da Costa

Este martes 6 de novembro en Cee e este xoves 8 de novembro, en Carballo, terán lugar as primeiras Xornadas Impactic, do proxecto Empresas da Costa. Unhas xornadas que pretenden percorrer a bisbarra para achegarse a todos os empresarios, co obxectivo de amosar os mellores sendeiros para sumerxirse na rede de internet.

Son unhas sesións formativas para emprendedores que constan de dúas partes teóricas, da man de Manuel Pan, da empresa carballesa Abertal, e Daniel Cerqueiro, de Galinus Taller de Novos Medios; para rematar cunha auditoría práctica para as empresas presentes. Iso é, por sorteo, elixiranse unha empresa os expertos analizarán a súa presencia en internet dende todos os ámbitos.

Ambas xornadas son abertas, pero é recomendable confirmar asistencia en [email protected] ou no teléfono 981 70 62 55.

Por que nace Empresas da Costa?

Así, e unha vez que podedes ver o programa completo en QPC, deixámosvos cun par de vídeos con Pan e Cerqueiro explicando na presentación oficial de Vimianzo, por que nace este proxecto da man de dúas empresas radicadas na zona, pero que polo de pronto traballaron máis para fóra que para dentro.



Máis información

Novas relacionadas

Fonte


Comentarios