“O Concurso de Murais de azulexos é coma un iceberg, é máis o que non se ve que o que se ve”

Un alumno no proceso de creación do mural
  • Fica aberto o prazo de presentación para colexios e asociacións

Suministros Lar convoca o seu décimo Concurso de Murais de Azulexos Lar 2023-24, que ten carácter bianual. Un certame no que participan institutos e asociacións da Costa da Morte e do Barbanza, que se convirte nun “proxecto sociocultural, divulgativo e integrador”.

Tatiana Rodríguez, a RS Suministros Lar, quere ofrecer unha visión sobre a parte menos visible do proxecto, destacando que “o Concurso é coma un iceberg, é máis o que non se ve que o que se ve”. “Nos institutos permite realizar un proxecto real aplicando as materias curriculares, dándolle un sentido práctico e real ao que estudan, mentres que nas asociacións que traballan pola inclusión dos seus usuarios, demóstrase a meritoria capacidade para levar a cabo un mesmo proxecto baixo as mesmas directrices que outros”.

O proceso de creación por parte de alumn@s e usuarios é completísimo e engade unha marea de aristas,que inclúe a investigación sobre un tema relacionado coa nosa terra, traballo en equipo, fomento do traballo manual… Todo un proceso de creación transversal no que os protagonistas se implican ao 100%.

Os Murais de Lar en Sanxenxo

Pero ademais, unha vez rematadas nese formato singular (mural de formigón cunha forma está directamente ligada ao tema a traballar) estas obras expóñense en espazos públicos para o goce de todos os viandantes. “Creáronse museos de rúa que transmiten os nosos costumes e raíces a calquera parte do mundo, xa que percorren a retina do ollo e do teléfono móbil de todo aquel que os ve”, explica Tatiana.
Estes museos representan temáticas como: Naufraxios das nosas costas, Faros, deportes náuticos, xogos populares galegos, os nosos fondos mariños, o marisco, o Camiño de Santiago, etc.
As coleccións están a ser expostas en lugares como O Faro de Finisterre, na Mariña da Coruña, na Cascada de Ézaro, no paseo Silgar de Sanxenxo, no paseo de Cervo en Lugo, no paseo de Portonovo, no museo Melga de Ponteceso, no Museo da Pesca de Finisterre, no Museo do Home de Camariñas, en distintos puntos do Camiño de Santiago que pasa por Dumbría, paseo de Laxe, paseo de Camariñas, en Cee, no paseo de Corcubión , na Feira Internacional da Náutica de Camariñas.

Os murais pola Coruña

Inscrición

O concurso está aberto a todos os centros que desexen participar, só teñen que poñerse en contacto con Suministros Lar tanto no teléfono como no correo electrónico comercialmuraleslar@yahoo.es. A convocatoria está aberta ata o 15 de outubro.

OVAS DO CONCURSO DE MURAIS