Os faros da Costa da Morte iluminan a Mariña Lucense

Os Faros da Costa da Morte xa iluminan a Mariña Lucense. Os Murais de Azulexo da partida dos Faros trasladáronse esta semana ata o concello de Cervo, un Concello que leva moi tempo interesado polo proxecto social que Suministros Lar leva a cabo entre os centros educativos e sociais da Costa da Morte.
”As exposicións dos murais de azulexos son unha representación daquelas cousas que nos identifican, reflicten as nosas raíces e costumes”, recoñecen dende Cervo. Os murais son obras de arte de enorme creatividade e cunha función social de divulgación do noso importantísimo patrimonio cultural, convertindo vilas en auténticos museos urbanos ao aire libre.
Así, dende xa, 8 murais con 8 faros da Costa da Morte xa iluminan a vila da Mariña. Un anaquiño da Costa da Morte en Cervo.
NOVAS DO CONCURSO DE MURAIS
- Abril 23: Os murais sobre os naufraxios de Lar xa están expostos en Camelle, o mellor dos escenarios.
- Xaneiro 23: Os murais de Azulexo de Lar exportan a riqueza marítima da Costa da Morte á Coruña.
- Outubro 22: Murais en verso convirten o Faro Fisterra nun museo a ceo aberto.
- Agosto 22: Os Murais de Lar espallan o patrimonio subacuático da Costa da Morte por Sanxenxo.
- Concurso 2022: Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar.
- Xuño 22: APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.