Venres. 29.03.2024
El tiempo

Controlan a tempo unha fuga de gas en Cee

Controlan a tempo unha fuga de gas en Cee
Rua do Sacramento de Cee Zona da Rúa do Sacramento de Cee onde se produciu a fuga

Unha fuga de gas nun edificio da Rúa do Sacramento nº63, en Cee, obrigaba aos Bombeiros a desenvolver un completo dispositivo de emerxencia. Pasaban das 16:00h cando un veciño alertaba CAE112 dun ruído como fuga de gas na caixa de regulador do gas, na fachada do edificio. Dous vehículo e tres bombeiros desprázabanse ao lugar para facer a comprobación, ademais da Policía Local.

A medición da caixa co explosímetro na parte superior da caixa (o gas natural e máis lixeiro que o aire polo que sube), demostra a presenza de gas, polo que procederona pechar todas as válvulas. Chegaba ao mesmo tempo o técnico de gas natural que corrobora a fuga e pecha a entrada xeral de gas ata a reparación ou cambio da peza avariada.

Fonte

  • Bombeiros de Cee.

Comentarios