Fin de semana de convivencias escolares por Cee e Muxía
Vai rematando o curso e toca comezar a disfrutar do verán. Así o fixeron os cativos de Cee e Muxía, con sendas xornadas de convivencia.
Camiñada por Muxía
Emocionante a xornada de convivencia entre os rapaces, pais e nais e o parroco de Salgueiros, Moraime e San Martiño, Ramón. Unha sesión entre os enos e nenas que van facer a súa confirmación o próximo 26 de xuño en Moraime.
A Xornada foi unha camiñata dende os Muíños a San Martiño, pasando por Merexo onde os seus veciños obsequiaron á expedición cun pequeno agape.
Campamento en Estorde
Campamento do Eugenio Lopez en Estorde -Foto-Rafa QuintánsComo vén sendo habitual, uns 70 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º do Colexio Eugenio López de Cee, coa inestimable colaboración da Anpa Uxío, disfrutaron do campamento estival no camping de Estorde. Xogos tradicionais, ceas en grupo, festas nocturnas, deportes, praia... moito disfrute e moitas cousas que aprender, co equipo de Ambuibérica que realizaron unha demostración de primeiros auxilios con ambulancia e todo, e repartiron chalecos e gorras. Tamén estiveron os bravos de Protección Civil de Cee, coa xa tradicional lancha e deleite dos nenos pola praia de Estorde, e asi finalizar un campamento que fui un ano mais todo un éxito e experiencia para os nenos, para os que moitos, era a primeira vez que durmían fóra da casa.
Campamento do Eugenio Lopez en Estorde -Foto-Rafa Quintáns A ANPA Uxío en Estorde cos rapaces -Foto-Rafa Quintáns Juanma Trillo na ambulancia cos rapaces de CeePrimeiros Auxilios, tamén no Cole
Ademais, 415 nenos do Eugenio López, nun actos organizados xoves e venres pola ANPA e impartido por Protección Civil de Cee e Fundación Ambuibérica, tamén aprenderon conductas de autoprotección, cómo actuar ante certas emerxencias, e practicaron RCP. Un luxo contar na zona coa xente da Fundación Ambuibérica, (estivo Jose Manuel Veiga), e o o servizo provincial de emerxencias de Coruña.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).