Venres. 03.05.2024
El tiempo

Convocan unha concentración para esixir a mellora da seguridade en Estorde

concentracion seguridade estorde
Convocan unha concentración para esixir a mellora da seguridade en Estorde

Tras conseguir o compromiso de melloras para a seguridade da Anchoa, queda un punto negro na comarca de Fisterra en canto aos atropelos. Falamos de Estorde.

E dende o BNG, preocupado pola inseguridade a vía AC445 ao seu paso pola vila ceense, e logo de presentar en sede parlamentaria a iniciativa pertinente, convoca a veciñanza a concentrarse este xoves 27 de xullo as 20:15 horas para pedir melloras na devandita estrada.

”Son centos de persoas que cruzan a diario a vía sorteando vehiculos que circulan a velocidades inadecuadas, por non haber limitacións acordes e pola ausencia de pasos de peóns·, explican dende o BNG. “Coa praia a un lado e os establecementos de hostalaría a un lado e outro, nesta época do ano o perigo de atropelos é mais que evidente”.

Comentarios