Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A Xunta comprometese con Fisterra a reducir a velocidade a 50 km/h na recta da Anchoa

Aurea dominguez alcaldesa de Fisterra na Xunta
A alcaldesa de Fisterra na Xunta
A Xunta comprometese con Fisterra a reducir a velocidade a 50 km/h na recta da Anchoa

A alcaldesa Áurea Domínguez Sisto reuniuse co xefe territorial do Servizo de Infraestruturas e Mobilidade, a pesar de non poder obter unha dedicación exclusiva pola irresponsabilidade de PSOE e PP, comeza a súa lexislatura conseguindo compromisos da Xunta de Galicia.

A rexedora de Alternativa dos Veciños reuniuse onte co xefe territorial da Consellaría de Infraestruturas, Felipe de la Vega Gándaras, para tratar entre outros temas a seguridade da recta da Anchoa, despois do novo atropelo mortal do pasado mes e a mobilización social.

“Quero agradecer á atención e a comprensión do xefe territorial do Servizo de Infraestruturas, o Sr. Felipe de la Vega Gándaras, xa que se comprometeu a reducir a velocidade a 50 Km/h e a prohibir os adiantamentos en toda a recta da Anchoa", sinalou Domínguez.

A Xunta tamén autorizará a instalación de dúas marquesiñas en Sardiñeiro, que "é outra demanda histórica da veciñanza que espera o autobús en Sardiñeiro".

“Parece incrible que durante décadas ningún alcalde fixera as xestións necesarias para que se adopte algún tipo de medida para mellorar a seguridade na recta da Ancho e, sorprende moito máis, cando se viñeron producindo accidentes mortais nesta recta”, reflexionou a alcaldesa de Fisterra.

Comentarios