A coroación canónica da Virxe da Xunqueira enchiu Cee

08:18 02/05/23
Ambiente de festa en Cee para pechar o ano Xubilar Mariano. O acto de Coroación canónica da Virxe da Xunqueira congregou a milleiros de feligreses de toda a comarca que luciron as mellores galas de domingo para despedir máis dun ano de actividades artelladas pola igrexa.
Non faltaron o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nin a subdelegada do Goberno en Galicia María Rivas.
Aquí queda unha galería de fotos de Rafa Quintáns: