COVID: Falece unha muller de 99 anos no Hospital de Cee
10:03 27/08/21
Dende o pasado 5 de xuño non se ratificaba unha morte na comarca con positivo por coronavirus. Onte, o Sergas anunciaba o pasamento dunha muller de 99 anos, diagnosticada por covid que estaba ingresada Hospital Virxe da Xunqueira.
Son un total de 2.533 as persoas que faleceron en Galicia neste ano e medio de pandemia, diagnosticadas con covid-10.
Fican a día de hoxe ingresadas 2 persoas co virus no HVdX.