![100_3680]()
Pasaron cincuenta anos dende que estes 17 homes comezaban os seus estudos no Instituto Laboral de Cee, o antigo Instituto da Fundación Fernando Blanco).
Corría o curso 1960 – 1961. E que mellor xeito de lembrar a efeméride que volvendo a xuntarse na vila da Xunqueira, coa intención de renovar as vellas lembranzas.
Na mañá do pasado sábado, 6 de agosto, reuníronse en Cee e fixeron a foto de rigor nas escaleiroas do vello instituto. Tamén visitaron o Museo da Fundación, que está situado na vella Escola das Nenas.
Alí viron de novo o material didáctico que se gardaba nas antigas aulas, e que hoxe exhíbese no edificio que a Fundación ten na Alameda. Este nostálxico encontro rematou cun xantar no restaurante O Recreo da Costa da Morte.
Tesouros da Fundación
Outros artigos de Darío Areas
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Museo Fernando Blanco de Cee, da man de Darío Areas.