Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian a presenza de cans soltos no camiño Fisterra-Muxía

Denuncian a presenza de cans soltos no camiño Fisterra-Muxía
Camino Fisterra-Muxia Varios peregrinos que nos últimos días fixeron o Camiño Fisterra-Muxía mostraron os seu malestar ante a asociación de empresarios do Camiño Fisterra-Muxía Solpor debido á presenza de cans soltos nas inmediacións desta prolongación xacobea. Segundo informan dende a entidade, un dos casos deuse na localidade de Oleveiroa - en Dumbría - onde tres cans ao parecer sen dono atacaban aos camiñantes. Nun principio foi recollido un deles, pero os outros dous seguen a andar ceibos. Esta mesma semana, un grupo de peregrinos presentou unha queixa polo mesmo motivo, no Camiño ao seu paso pola parroquia de Vilastose, no concello de Muxía. Con anterioridade, pasara algo similar na zona comprendida entre os núcleos de Canosa e Lires, en Cee. Máis queixas Ademais do malestar dos peregrinos, varias casas de turismo rural presentaron igualmente as súas queixas polo mesmo motivo, xa que hai moitos usuarios que queren facer pequenas rutas, en moitos casos creadas polos propios establecementos, e atópanse con cans soltos, moitos deles de gran tamaño. Ante esta situación, os membros da entidade Solpor fan un chamamento aos concellos polos que discorre o Camiño para que tomen medidas no asunto. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios