Martes. 22.09.2020
El tiempo

Denuncian o retraso da apertura da Escola Infantil de Cee

Denuncian o retraso da apertura da Escola Infantil de Cee

O pasado 27 de agosto, o goberno de Cee aprobaba en xunta de goberno local o alzamento de suspensión do contrato coa empresa de gardería, (fora suspendido o servizo pola pandemia da COVID). Deste xeito as familias aínda están recibindo a primeira toma de contacto co centro e non poderán dispor do servizo, como mínimo, até o luns 7.

Unha situación que para o BNG de Cee define a “deixadez do goberno, non facendo efectivo ese alzamento a mediados de mes”, como si fixeron outras escoliñas non privatizadas como as de Corcubión ou Fisterra.

Considera que esta situación “vai a resultar perxudicial para os país e nais das crianzas, xa que non poderán facer uso do servizo durante, cando menos, unha semana. Isto supón un problema para as familias que se reicorporan ao traballo co comezo de mes” polo que solicita que “sexan elaborados os protocolos adecuadamente e sen presa, agora o mal xa está feito e é preciso dar os pasos con total seguridade.”

Ademais, o voceiro do BNG Serxio Domínguez asegura que as probas PCR aos traballadores foron realizadas o sábado, polo que si estarían os resultados listos para ter aberto o 1 de setembro.

comentarios