Deteñen un home que andaba armado por Cee
Esta pasada madrugada saltaron as alarmas en Cee. Un home, ao parecer, veciño da Coruña, percorría as rúas do centro Cee armado cunha pistola e unha arma máis potente, unha ametralladora (unha "auténtica arma de guerra", sinalan fontes policiais). Pasaban as 7:30h cando a veciñanza alertaba ao 112 e este á Garda Civil, que rapidamente realizada un dispositivo de busca.
Segundo puidemos comprobar, o home berraba "Ayúdenme que me van a matar, por favor, me van a disparar".
O home, natural de Muxía, que ademais estaba quebrantando unha orde de alonxamento da súa ex parella que vive en Cee, foi detido finalmente pola Garda Civil, arredor das 9:00h. Nese momento xa non tiña enriba as armas, que foron atopadas, a pistola na zona do Hospital e a ametralladora na canle.
Segundo a Delegación do Goberno, o sucesos podería estar vinculado "posiblemente" co narcotráfico, desbotando en primeira instancia que teña que ver cun caso de violencia de xénero.
O home foi trasladado a un centro sanitario por estar baixo os efectos das drogas e o alcohol, e pronto pasará a disposición xudicial.