Luns. 07.10.2024
El tiempo

Doble premio autonómico para o IES Agra Raíces e o CPR Manuela Rial

PremioIESAgraRaicesCee
Equipo premiado do IES Agra Raíces
Doble premio autonómico para o IES Agra Raíces e o CPR Manuela Rial

A construción dun reloxo de sol de cuadrante ecuatorial foi o fito que lle permitiu á rapazada do IES Agra Raíces levar u ndos premios dos Polos Creativos da Consellería de Educación.

Unha expedición do centro ceense levaron o seu proxecto á xornada de exhibición dos proxectos premiados por ser unha actividade multidisciplinar coa que practicaron contidos de matemáticas, tecnoloxía, xeografía, historia e educación plástica.

O ceense foi un dos 21 centros premiados no marco da Estratexia Galega de Educación Dixital.

2. ZonaExposicionIESAgraRaicesCee1

Premio para o CPR Manuela Rial

Así mesmo, o grupo de "Innovaugas" do CPR Manuela Rial vén de gañar outro premio autonómico. Os ceenses recibirion un dos 4 Premios Escolares Innovaugas polo seu vídeo "Hidra, a pinguiña viaxeira".

En cada provincia, o xurado seleccionou 4 equipos finalistas e, de entre eles, o gañador por provincia recibirá 3.000 euros como premio. Aos restantes finalistas tamén se lle concede un agasallo consistente nun bidón de auga fabricado con plástico reciclado.

Comentarios