xoves. 01.05.2025
El tiempo

Dous concelleiros deixan IxCee e abren unha fiestra á moción de censura

Dous concelleiros deixan IxCee e abren unha fiestra á moción de censura
Ramon Vigo con Candino e Yolanda Garcia Leal Ramon Vigo con Candiño nun pleno, e Yolanda García Leal Parece que hai movemento na corporación municipal de Cee. Dous dos pesos pesados de Independientes por Cee, o grupo de goberno, presentaban a súa dimisión. Juan Bautista Areas Lestón, Candiño, 1º teniente alcalde e Concelleiro de Desenvolvemento Rural, e Yolanda García Leal, 2ª Teniente alcalde e Concelleira de Cultura, deixaban o partido, pero non así a súa acta de concelleiros, polo que pasarían, en breve a formar parte do grupo dos non adscritos. A situación chega tras un ano de goberno relativamente calmado no pleno ceense, cun Candiño aínda pendente da súa imputación na Operación Orquesta, ao igual que o propio alcalde Ramón Vigo emais a 3ª teniente de alcalde Pilar Iglesias, parella de Vigo, e posible punto conflitivo cos dous concelleiros dimitidos por hipotética sucesión na alcaldía. Un relevo que parece cercano no tempo, unha vez que os problemas de saúde do alcalde seguen patentes en cada pleno, onde non se amosa tan en forma coma outros anos na súa especialidade, a dialéctica.

Posible moción?

Dende varios foros apuntan que pode estar no forno unha moción de censura consensuada cos 4 concelleiros do PP. Unha moción que sería a segunda moción desenvolta polo PP nos últimos meses, e segunda moción de censura do PP en Cee nas dúas últimas lexislaturas. O propio Candiño apresurouse para asegurar esta tarde que non apoiaría esa hipotética moción de censura. Por outra banda, Plácido Castro Insua aseguraba non saber nada e Serxio Domínguez sinalou que nunca apoiaría esa ou outra moción semellante.

Un pleno anómalo

A situación do Pleno de Cee é tremendamente singular. O grupo de goberno, IxCee quedaría con 3 concelleiros tras estas dimisións. Ramón Vigo, Pilar Iglesias e Carmen Díaz Freire. O PP sitúase con maioría silenciosa con 4 concelleiros (Zaira Rodríguez, María Isabel Fernández, Pedro Loureiro e José Manuel Rodríguez Lema, Pato). O PSOE quedou cunha soa concelleira (Margarita Lamela) trala saída de Modesto Rivas ao Grupo de non adscritos, onde se situarían tamén Yolanda e Candiño. E no Grupo Mixto fican Plácido García Insua (Ciudadanos) e Serxio Domínguez (BNG) forman o Grupo Mixto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios