Luns. 07.10.2024
El tiempo

Dúas cancións de Cee e unha de Laxe buscan as finais do Concurso Quero Cantar

Dúas cancións de Cee e unha de Laxe buscan as finais do Concurso Quero Cantar
Quero Cantar Cee e Laxe Pincha na imaxe para votar polos vídeos do Quero Cantar

Comeza a votación. Toca axudarmos a eses 3 proxectos costeiros que participan na segunda fase do concurso Quero cantar convocado pola Deputación da Coruña.

O grupo da Escola de Música de Cee, "Proxecto Nordés", coa canción orixinal "Antón"; ese fermoso Durme Elsiña do Centro Colaxe; e o Grupo da Escola Manuela Rial Mouzo co tema Soños, están entre as 10 mellores cancións, escollidas por un xurado de excepción formado por Uxía Senlle, Ugia Pedreira, Lydia Botana, Alba María e Tomi López –do grupo Mamá Cabra-.

Agora, temos que conseguir cos nosos votos que as 3 estean entre as 5 que pasen á seguinte rolda. O prazo de votación comeza o luns 23 de maio ás 8.00 horas e remata o domingo 29 de maio ás 20.00 horas. Para votar, hai que visitar a páxina de Facebook do "Quero cantar", premer sobre a imaxe de cada canción, escoitala e se che gusta, dálle o teu voto premendo o botón de Gústame. Unha mesma persoa pode votar por cantas cancións considere.

As nosas "competirán" con "Escola" (Xente Miúda de San Orente da Serra de Outes); "Eu vivo" (Os bananas da Coruña); "A árbore tropical" (Leila Santos, Porto do Son); "Queremos cantar" ( Cantadeiras, do Ceip Camiño Inglés de Oroso); "Imos ver (Canta con nós de Ferrol); "Samaín" (Banda batuke do Colexio fillas de Xesús da Coruña); e "Miña terra galega" (Aarón e Miriam de Culleredo).

Antón. Proxecto Nordés (Escola de Música de Cee)

Durme, Elsiña. Colaxe (Laxe)

Soños. Grupo da Escola Manuela Rial Mouzo (Cee)

 

Como votar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios