![elian-numa-atleta-cee]()
O pasado martes o concello de Cee realizou un acto de recepción en recoñecemento ao traballo de Elian Numa López Iglesias. Imaxe: Rafa Quintáns
Elian Numa López Iglesias é un dos deportitas galegos "de alto nivel", tal e como o recollía recentemente o Diario Oficial de Galicia. Hai unhas semanas convertíase en
campión de España de 800m na categoría sub 20 - quedando a tan só 7 décimas do Mundial - e, uns días máis tarde, acadaba os títulos de Campión Galego de 400 e de 800m, ambos en categoría absoluta. Actualmente compite no equipo Coruña Comarca, o ceense formouse como corredor no Club Olimpa de Cee.
![elian-numa-atleta]()
Elian Numa iniciouse no mundo do atletismo no Club Olimpia de Cee. Imaxe: Rafa Quintáns
E con este palmarés o concello de Cee decidiu facerlle o pasado martes un acto de recepción en recoñecemento ao seu traballo. O acto, ao que asistiron numerosos familiares do corredor, estivo presidido polo alcalde de Cee - Ramón Vigo -; a concelleira de Cultura e Deporte - Camola Díaz -; e o técnico de deporte - Manolo Calo -. En palabras do alcalde, este acto é o "recoñecemento do pobo de Cee a un esforzo persoal e individual e parece que será o primeiro de moitos se atendemos ás expectativas que os profesionais do atletismo teñen postas en Elian".
Pola súa parte, Elian agradeceu o recoñecemento e o apoio que ten recibido ao pobo de Cee e a súa familia porque "nun deporte individual como este é moi necesario o apoio no día a día para seguir facendo o que me fai feliz".
Novas relacionads