O emprego en XEAL volve ao Parlamento
O venres volverán saír á rúa os traballadores de XEAL para esixir o Plan de Viabilidade que a empresa debe presentar na Xunta. Unha Xunta que leva meses "mirando para outro lado", segundo denunciou onte no Parlamento o portavoz de Industria do Grupo Socialista. Martín Seco presentou unha proposición non de Lei para que a Xunta garanta o emprego nas fábricas, pero como era de esperar, foi rexeitada polo PP.
O PSOE, como tamén fixo o BNG en varias ocasións, acusou á Xunta non facer o necesario para Qgarantir o mantemento dos postos de traballo e a actividade das ferroaleacións, segundo o establecido nos fundamentos xurídicos da sentenza do TSXG de novembro de 2020”. Apunta que o goberno galego está obrigado a fixar uns criterios mínimos de cumprimento da condición da non segregación das actividades, que segundo a sentenza foi establecido para asegurar o emprego.
Lembrou que en 2019 perdéronse máis de 100 postos de traballo entre persoal eventual e industria auxiliar,
Mentres, a Xunta volveu culpabilizar ao Estado e ao prezo do consumo eléctrico para grandes empresas,