Xoves. 12.12.2019
El tiempo

En Marea cuantifica os beneficios que as centrais costeiras lle teñen xerado a Ferroatlántica

En Marea cuantifica os beneficios que as centrais costeiras lle teñen xerado a Ferroatlántica
Paco Casal e Luis Villares de En Marea Paco Casal e Luis Villares de En Marea falando sobre Ferroatlántica [fbvideo link="https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/1986089918281237/" width="800" height="400" onlyvideo="1"] Interesantes as cifras que aportaban esta mañá o voceiro de En Marea Luís Villares, e o deputado parlamentario Francisco Casal. O grupo contabilizou 285 millóns de euros de beneficios obtidos por Ferroatlántica nos últimos 10 anos pola produción hidroeléctrica, unha cantidade que “avala a continuidade da actividade das centrais na Costa da Morte”, ao seu entender. Así quixeron poñer clara a defensa dos postos de traballo da empresa para instar a Feijóo a cumplir a palabra que lle daban aos alcaldes este pasado venres, defendendo así os interese xeral de Galicia e non “pagando os favores a Villar Mir“ polo financiamento ilegal do PP. Ollando estas cifras, que ademais contradin as que sinala a propia empresa, parece inexplicable que Ferroglobe queira vender as centrais de toda a península por un prezo singularmente inferior aos beneficios xerados durante estes anos. En Marea lembra ademais que eses beneficios nunca revertiron en Galicia, pero que “demostran que estamos ante unha operación económica en contra do beneficio xeral do noso país e dos intereses da cidadanía senón so a favor dos interese privado dunha empresa”.  

Desmentindo datos

Ingresos e custos de Ferroatlantica na Costa da Morte O deputado de En Marea desmentiu así mesmo a afirmación da empresa cando di que as centrais non son rendibles xa que como explicou Francisco Casal “o espolio ben por dúas vías“. A primeira delas por los gastos de explotación onde veñen reflectidos 11 millóns de euros ao ano. Unha cantidade “desproporcionada e inxustificable“ para o grupo de En Marea tendo en conta que os 31 traballadores cos que conta a empresa pode ter un gasto de explotación aproximado de 1,5 millóns de euros de custe laboral que é o custe fundamental. Os 9 millóns de euros restantes irían para unha empresa que aparece como EVM “que facilmente se póde deducir que é de Enerxía Villar Mir“ e que é a que desde Madrid encargase do que é unha xestión moi sinxela e puramente financeira, e que ten un custe de 9,5 millóns de euros cando o custe razoable non tería que superar os 300.000 euros anuais. Nas contas de explotación aparecen tamén gastos financeiros entre 7 e 9 millóns de euros ao ano pola amortización e intereses do segundo crédito solicitado pola empresa. “É como se un familiar pide que o avales para mercar unha casa e uns meses despois pide tamén que pagues os intereses e a amortización da súa casa“ explicou Francisco Casal. Así todo, todos os gastos financeiros do crédito de 120 millóns de euros dos que non se investiu un só euro en Galicia, estanse cargando nas contas de Ferroatlántica. O anterior crédito solicitado no 2002 pola empresa de feito foi destinado ao pago da construción da Torre Espacio da Castellana que posteriormente foi vendida por máis de 558 millóns de euros a un grupo filipino. “Todo isto poden ser casualidades pero o feito é que se van interrelacionando“ apuntou o deputado de En Marea. En xaneiro deste ano, o grupo Villar Mir anuncia a construción dunha quinta Torre por valor de 205 millóns de euros. Casualidade ou non, o grupo Villar Mir na mesma data plantexa que hai que vender as centrais por 255 millóns de euros. “A dónde irán eses 255 millóns de euros vendo os antecedentes da empresa en anos anteriores?“ preguntou Francisco Casal.

A vinculación, o garante da competitividade

“A competitividade das factorías está garantida polo baixo custe de enerxía das factorías de ferroaleación no mundo“ asegurou Casal que apuntou un custe neto aproximado de 12 euros megavatio/hora cando o custe medio deste tipo de factorías ronda os 30 euros megavatio. “Isto quere dicir que son unhas factorías moito máis económicas o que lle da un seguro de vida indefinido“ incidiu o deputado de En Marea. Incluso nun cambio de normativa na Unión Europea no que as primas de interrumpibilidade puideran estar en cuestión, no caso das centrais da Costa da Morte a súa viabilidade estaría garantida grazas ao autoabastecemento, “outra das mentiras emitidas pola compañía cando di que non pode autoabastecerse“. “Esta posibilidade está permitida e regulada pola normativa estatal e de feito de se facer o custe da explotación baixaría a metade entorno aos 6 euros megavatio“.

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

Comentarios