Venres. 26.04.2024
El tiempo

Á EsCeena afronta a recta final desta singular, pero comprometida edición

Auditorio de Cee coas medidas COVID-Foto-Rafa Quintans
Imaxe do Auditorio de Cee coas novas medidas anti COVID nun concerto previo á Semana Á EsCeena-Foto-Rafa Quintáns
Á EsCeena afronta a recta final desta singular, pero comprometida edición

Este martes e xoves celébranse as dúas últimas dúas funcións da VI Semana do teatro e das artes Escénicas do Concello de Cee: Á EsCEEna!. Unha programación completísima para un verán singular, diferente, adaptada ós díficiles momentos que vivimos. Co aforo do Auditorio Baldomero Cores a pouco máis dun terzo da capacidade habitual, a Semana estase completando cubrindo a metade do novo aforo. Algo esperado pola organización, valorando que con este panorama o Concello seguise apostando pola cultura.

Do visto ata agora en Cee, cómpre destacar o gran traballo do corcubionés Borja Insua e Títeres Alakrán, que co seu “Finisterrae, o último ultramarinos”, obra moi relacionada coa Costa da Morte en todos os sentidos, gozou do favor do público. Outra que tamén gusto foi “O mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro, unha obra para facernos reflexionar como especie e que vista a longa ovación final, vai ser unha das triunfadoras desta edición.

Martes e xoves, últimos pases

Este martes (ás 21.30 horas. Entradas a 5 e 7 €) hai un dos pratos fortes, “Despois das ondas”, de Butaca Zero no que se fai unha viaxe a través do teatro e do cine en directo, pola vida da gran actriz, María Casares. “Será, sen dúbida, a montaxe máis complexa que se ten realizado nunca no teatro en Cee”, recoñece Víctor Castiñeira, o técnico municipal.

E o programa rematará o xoves (ás 21.30 horas. Entradas a 3 e 5 €) coa proxección da pelicula “Tempos modernos”, de Chaplin coa música en directo de Olga Brañas ó piano e Sussana Blanco, o violonchelo. “Un espectáculo diferente para rematar unha edición da VI Semana Do Teatro e das artes Escénicas do Concello de Cee, que a pesar da covid-19, volta a colocar a Cee no epicentro do mundo teatral galego durante estas últimas semanas de agosto”.

Comentarios