Luns. 14.10.2024
El tiempo

Esixen a instalación de desfibriladores nos espazos deportivos de Cee

As instalacións deportivas municipais contan con desfibriladores dende hai varios anos.
Esixen a instalación de desfibriladores nos espazos deportivos de Cee

”Volveu ocorrer”, si, como nos dixo onte Arturo Olveira, formador do Plan Nacional de RCP e TES do 061. O acaecido esta fin de semana no campo de O Cairo, en Corme, coa morte dun xogador de Veteranos, pon de manifesto a necesidade de instalar desfibriladores nos campos de fútbol, e de formar aos responsables e usuarios dos clubs.

Así o demanda o BNG de novo, despois de que en 2017 xa solicitase a dotación dun aparato desfibrilador nos principais recintos deportivos do concello, campo de fútbol Sampaio de Refoxos e polideportivos de Cee e Brens.

Apenas certas iniciativas veciñais e escolares conseguían un desfibrilador para espazos públicos, por exemplo centros escolares como o de Corme, o de Corcubión ou o Eugenio López de Cee. Tamén a SD Fisterra conseguíu un a través dunha campaña solidaria para Ara Solis, malia que un energúmeno o acabou rompendo e foi o Concello o que mercou un para que se comparta entre pavillón e campo de fútbol, pagándolle ademais a formación aos adestradores dos clubs da vila. Peron son oasis na nada, son elementos que moitas veces quedan esquecidos no alto dun armario, e que ninguén sabe usar.

De aí a importancia tamén da formación.

Cifras

Pon Serxio Domínguez, voceiro do BNG, cifras enriba da mesa: “Cada ano morren no estado español 25.000 persoas por morte súbita, case o 90% delas ocasionados por un trastorno eléctrico do corazón chamado “fibrilación ventricular”. Para este trastornos, o único tratamento efectivo é a chamada “desfibrilación precoz” que se trata cun desfibrilador semiautomático (DESA) un pequeno aparello que se conecta a vítima que na teoría acaba de sufrir unha parada cardíaca, por medio de electrodos adhesivos”.

Lembra que “o seu uso resulta moi sinxelo, xa que mesmo aparato vai guiando ao reanimador/a durante todo o proceso por medio de mensaxes de voz, dando as ordes paso a paso. Calquera persoa pode usalo con simplemente ter superado un curso de formación específico, sen ser preciso ser un profesional da medicina”.

Falamos dun investimento de 1.000-1.500€, moi asumible para calquera concello ou comunidade, que permite, verdadeiramente salvar vidas, como nos contaba o propio Olveira no seu artigo.

Novas relacionadas

Comentarios