Esixen a recuperación do servizo de psiquiatría
Xa hai varias semanas que o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee está sen psiquiatra. O facultativo está de baixa e, como vén sendo práctica habitual na política laboral do Sergas, non se cubre a praza.
Unha situación que provoca unhas listas de agarda inasumibles para un servizo como o de psiquiatría, e máis nun momento como este de post-pandemia no que a saúde mental cobra especial relevancia.
Para protestar contra este novo recorte, este sábado o BNG se Cee, acompañado de veciños e veciños da vila da Xunqueira así como de compañeiros do BNG de Dumbria, Vimianzo e Corcubion, facía entrega da folla de reclamacions na ventana de información do hospital reclamando a recuperación do servizo de psiquiatría.
Dende o BNG lembran que” as dúas últimas semanas remendaron co envio de varios profesionais, sempre distintos, dous días á semana, o que só serve para dar servizo aos pacientes máis graves, pero sen dar unha atención correcta as persoas con problemas de saúde mental. Reclamamos a recuperación plena do servizo”, inciden.