Venres. 29.03.2024
El tiempo

O espectáculo teatral de "Fariña" volve a Cee

Marta lado en Farina
A fisterrá Marta Lado é unha das protagonistas do espectáculo teatral de Fariña
O espectáculo teatral de "Fariña" volve a Cee

Xa estivo en Cee a finais de 2020 quecendo motores para a súa xira por Madrid. O Auditorio Baldomero Cores foi escenario ideal para a residencia do espectáculo que adapta ao teatro a novela de Nacho Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século.

Agora, este sábado 11 de xuño "Fariña" volve a Cee, ás 21.00 horas. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Sergio Zearreta, a fisterrá Marta Lado, Oswaldo Digón, César Goldi e Graciela Carlos. As entradas poden mercarse en Ataquilla.com, Biblioteca de Cee, O Ribeiro (Corcubión) e na taquilla da Casa de Cultura desde unha hora antes o propio día da función. 

A función xa leva case 70.000 espectadores, en Galicia, Madrid, Asturias, Andalucía, Madrid, Cataluña, País Vasco, Navarra, Castela e León... E non é para menos porque "Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca". Non é unha obra ao uso, coa música verbeneira formando parte intrínseca dunha trama chea de drogas, tensión, risas, ostentación, traxedia...

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Unha gran oportunidade para ver unha obra histórica en Galicia

 

Novas relacionadas

Comentarios