Mércores. 01.12.2021
El tiempo

Este verán, acolle un neno saharahoui

Este verán, acolle un neno saharahoui
Xa está aberto o prazo, e ata o primeiro de decembro de 2010, para solicitar a acollida dos 4 nenos saharauís a os que este ano poderán optar no Concello de Cee. É este o xeito de participar no programa Vacacións en paz, que cada ano ofrece a posibilidade aos veciños interesados en acoller durante os meses de xullo e agosto a menores saharauís nos seus domicilios e así ofrecerlles un verán diferente no que mostrarlles novos costumes e modos de vida. Para que este programa poida cumprir con su cometido, é necesaria a acollida da totalidade dos catro menores que virán  a Cee, polo que desde Solidariedade Galega co Pobo Saharauí de Cee, pídese un esforzo aos veciños e veciñas de Cee e da Costa da Morte para participar neste ano no programa. Para iso é necesario poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Cee e da Asistenta Social no propio Concello (telf. 981 745 100) ou co responsable da Asociación en Cee, Luís Ayala Formoso (Igrexa Parroquial de Santa María da Xunqueira de Cee).

Vacacións en paz

As vacacións en paz preséntanse nun marco de solidariedade e axuda desinteresada co fin de propiciarlles unha estancia agradable e humanamente ricas aos nenos e nenas saharauís. Tratase, xa que logo, de ofrecerlles a estas nenas e nenos nados no medio dun clima de guerra e sometidos as súas dúbidas, unha posibilidade de coñecer formas distintas de vida, de maneira que iso contribúa, non so na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre os pobos de España e o Pobo Saharauí. Vemos unha foto de Marcos Rodríguez dunha das pequenas que disfrutou da Costa o verán pasado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ( [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía de Marcos Rodríguez.

comentarios