Estevo Creus, novo gañador da XXX edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

06:42 05/12/17

O poeta ceès Estevo Creus vén de recibir un novo galardón gracias ao seu libro “O lugar que non hai”. O xurado escolleuno como gañador da XXX edición do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, un galardón que xa conseguira en 1998 con “Teoría do lugar”.
O xurado do premio do Concello de Dodro, quixo salientar que o libro está “pragado de imaxes escintilantes e que esculca con brillantez e ironía, desde as instancias da dúbida permenente, nos territorios da outredade, da confusión, do desdobramento e do propio eu poético.”