Estudantes vs muíños de vento (ou xigantes?)


Menuda experiencia a que viviron esta fin de semana varios alumn@s do IES Fernando Blanco en Almagro (Ciudad Real). Ata alí foron os membros grupo de teatro Tuéjele, para asistir á representación de La Celestina no Corral de Comedias, ademais de visitar a localidade e o Museo do Teatro.
Non desaproveitaron a ocasión para coñecer a Ruta do Quixote, visitando Puerto Lápice, Campo de Criptana, El Toboso… E Urueña, unha das vilas castelán leonesas que ten unha posta de sol máis singular.
Foi todo un premio a un longo traballo, pois os rapaces levan meses preparando esta viaxem traballando arreo para recadar diñeiro e poder financiarse e que non tivesen que pagar moito as súas familias. Organizaron un concerto, fixeron representacións de Samaín, celebraron un concurso gastronómico no Cárcere Vello de Corcubión, venderon produtos típicos do Nadal e tamén rifas. E por fin o conseguiron!
Son veteranos no mundo do teatro e xa hai que leva 6 anos en escea. Esta foi unha das últimas viaxes xuntos, pois rematan os estudos de Bacharelato, pero aínda quedan varios meses, ata fin de curso para seguir deleitando aos seus compañeiros coas súas obras ata fin de curso.

Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).