Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Expandindo versos bukowskianos

Expandindo versos bukowskianos
Presentacion do libro de Suso Bahamonde en Fisterra

Segue Suso Bahamonde, un dos Feros Corvos do Batallón Literario da Costa da Morte, levando o seu segundo libro de poemas “Expansión” polo país. Desta volta traemos as dúas últimas presentacións, e damos conta da vindeira. Comezando pola fin do mundo, un lugar con especiais intereses bukowskianos.

Presentación en Fisterra

Alí, na Galería de Roberto Traba, o poeta ceense acodía este pasado sábado 28 de xuño. Unha pequena familia (estes actos poéticos nunca son, lamentablemente tan multitudinarios como unha verbena) acodía para escoitar os versos, musicados coa guitarra de EloiTraba, que Suso entonou ollando o peirao fisterrán.

Foron protagonistas os versos, pero, como non podía ser doutro xeito, o anfitrión tamén fixo do evento unha festa, e ademais dunha simpática e emotiva presentación, rematou o acto cunha fantástica queimada para todos os asistentes, despois da venda e sinatura de exemplares do libro.


Familia da Galeria con Suso Bahamonde

Cita na Coruña

O pasado xoves 19 de xuño a cita era na Livaría Suévia da Coruña. Suso estaba moi ben rodeado ese día. Abriu o acto o poeta ceense David Creus falando do libro cun texto fermoso que escribiu e agasallando aos presentes con moras.
Tomou Suso a palabra recitando 4 poemas, acompañado á guitarra eléctrica polo seu irmán e guitarrista do grupo Alba Rusa, Gonzalo Bahamonde.
Tivo tempo para facer unha parodia sobre unha carta ficticia que lle enviou Felipe VI sobre a súa ausencia na presentación do libro, debido a que coincidía no día coa súa coronación, e a xente respondeu con gargalladas, ante a presencia de numerosos medios, entre eles, a radio libre Cuac FM, que o entrevistou.

Presentacion na Coruna de Expansion

Vindeira presentación, en Lires

E non ten parada esta Expansión. A seguinte parada será o venres 4 de xullo ás 20:30h en LIres (Cee), na Antiga Escola Unitaria, da man de Pedras Miúdas. Estará xunto ao poeta a música de EloiTraba e será Serxio Domínguez o que os presente.

Presentacion na Coruna de Expansion

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios