Sábado. 08.08.2020
El tiempo

As exposicións volven á Liresca coas imaxes de Juan Louro

As exposicións volven á Liresca coas imaxes de Juan Louro

Este mércores 1 de xullo ábrense de novo as portas de LIRESCA, unha antiga casa de labranza do século XIX que conta con aloxamento, restaurante &bar e o seu Espazo LiresCa - salón social con exposicións e eventos culturais-.

O programa cultural para este ano comeza coa exposición na planta baixa “Ao Cabo” do fotógrafo Juan Louro: unha colección que presenta a necesidade de poñer un epílogo - poético e visual - na realidade cotiá que converte A Costa da Morte nun cadaleito de barcos. O horario de apertura é de luns a domingo, de 08:00 a 00:00 horas.

Este terá ademais venres 3 de xullo, a partires das 21 horas teremos con nós en LiresCa:
👉 Presentación da Exposición fotográfica "Ao Cabo", de Juan Louro.
👉 Mostra da olería de buño da man de Obradoiro Gorín.
👉 Actuación das pandereteiras de Corcubión "As Rinchonas".

liresca

comentarios