Falece unha ceense nas Baleares tras unha grave caída

19:15 20/04/15

A parroquia ceense de Brens está de luto. Unha veciña, que residía nas Baleares, falecía onte, tras pasar varios días no hospital despois de sufrir unha caída dende uns 10 metros.
Foi o pasado mércores cando, arredor das 10:00h, o marido denuncia a desaparición da súa parella, duns 40 anos, no lugar de Sóller. Tardaron 7-8 horas en atopala, e tras varios días no Hospital de Son Espases, non conseguía superar os traumatismos e falecía na tarde do domingo.
Xa está a familia no lugar, e procederán a realizar o traslado do cadáver ata Brens, onde será enterrada nos próximos días.
Novas relacionadas
- 16-04-15: Un home falece ao caerlle unha árbore enriba en Ponteceso.
- 16-04-15: Rescatado un pescador que caeu ao mar en Barizo.
- 14-04-15: Falece o home que caía onte dun tellado en Fisterra.
- 13-04-15: Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo.
- 02-04-15: Falece un neno de 8 anos ao caer dun balcón en Fisterra.
- Un home foi evacuado polo helicóptero medicalizado tras sufrir un accidente doméstico en Mazaricos.
- 02-03-15: Arde en Mazaricos a maquinaria dun taller.
- 11-02-15: Un incendio no centro de Carballo causa dous feridos.
- 19-01-15: Calcinada unha vivenda en Corcubión.
- Un coche queda calcinado diante do cruceiro de Seiruga.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Crónica Balear.