As familias volven saír á rúa en Cee cansas de non ter pediatra ou matrona

A Costa da Morte é un dos territorios con maior déficit de personal de pediatria e matroneria na atención primaria. Xa o levamos sufrindo moitos anos como reiteran unha e outra vez dende a Asociación Pediatras e Matronas Xa, que corroboran que estamos continuamento sen servizo en moitos centros de saúde, e tendo que peregrinar a outros centros ou hospital na procura de atención médica; que non cobren baixas e vacacions con nov@s facultativ@s, senón que pechan alguns servizos para atender outros…
Por todo isto, a entidade convoca unha Concentración comarcal, para este domingo 13 de marzo ás 12h, diante do Centro de Saúde de Cee. Invitan a toda a veciñanza a acodir con pandeiretas, potas, tixolas... facendo bo aquelo de que “O pobo unido fai máis que ruido”.
Na convocatoria lerán este manifesto:
Manifesto Plataforma Pediatras e Matronas Xa na Costa da Morte
A Asociación Pediatras e Matronas Xa somos un colectivo que solicitamos que o Goberno de Galicia garanta unha sanidade pública de calidade para as crianzas, xóvenes e mulleres a través do acceso a pediatras e matronas en atención primaria.
A precariedade dos servizos de pediatría e matronería nos centros de Atención Primaria da Costa da Morte son unha realidade que se agrava cada día. O modelo de atención real que sufrimos é o seguinte:
- Falta de profesionais: son varios os centros que non teñen profesionais de atención á infancia como é o caso dos centros de Muxía e Dumbría, que en todo o 2021 estivo máis de 6 meses sen servizo e no 2022 a falta de servizo continua a ser o habitual. Outro exemplo é o caso de Mazaricos, que non ten servicio de matronería, e as usuarias deben solicitar atención ao centro de Muros, a 25 Km de distancia.
- Falta de especialistas: na maioría dos centros, as crianzas son atendidas por médicos de familia, con ou sen formación en puericultura, e non por pediatras. De igual maneira, é habitual que a atención de enfermería sexa de profesionais non especializad@s en poboación infanto-xuvenil.
- Horarios de atención moi reducidos: outra práctica estendida é que os profesinais sexan itinerantes, compartindo varios centros, polo que o acceso á súa axenda limítase un moi reducido horario semanal. Isto dificulta enormemente calquera seguemento, que implica que a persoa usuaria se teña que desprazar seguindo o circuito do seu facultativo referente.
- Falta de cobertura de baixas, vacacións e permisos: este modelo contempla como dinámica habitual desprazar a un/ha profesional que ten que abandoar o seu servizo para cubrir outro ou varios, polo que a desatención muda de lugar ou lugares e agrávase.
As consecuencias inmediatas deste modelo nefasto tradúcense en:
- Desatención e abandono sanitario; usuari@s itinerantes , que se desprazan a outros centros na procura de atención sanitaria.
- Prácticas médicas dubidosas e de calidade cuestionalble, que poden derivar en complicacións que se poderían evitar.
- Incumprimento de revisións e vacinacións das criaturas; falta de seguimento dos embarazos e outros procesos fisiolóxicos das mulleres.
- Falta de referentes estables, para facer seguimentos de tratamentos e/ou prevención.
- Sobrecarga d@s profesionáis, que deben acoller axendas de outros centros ou desprazarse a novas localidades.
- Inexistencia de programas de prevención ou talleres de formación e acompañamento (embarazo, postparto, educación sexual e reproductiva... )
- Saturación do servizo de urxencia do hospital comarcal (pola inexistencia e/ou a inoperancia dos servizos de primaria).
Somos moit@s @s usuari@s afectad@s que poñemos reclamacións habitualmente para expoñer estos feitos ás xerencias, que deben dar solucións; pedimos reunión coa Conselleria de Saúde (petición que a día de hoxe non foi atendida), recollemos e amosamos públicamente estas situacións nas redes sociais para que a comunidade estea informada e poida unirse; facemos alianzas con outras entidades que tamén reclaman esta atención…
Que máis se debe facer para que se respeten os dereitos básicos?
Esta desprotección sanitaria esténdese por toda Galicia, e son moit@s @s usuari@s afectad@s, provocando desánimo e moito enfado.
E, na Costa da Morte, o abandono sanitario e a mala xestión en atención primaria maniféstase en grado máximo; por iso queremos reclamar o que é noso e non seremos cómplices co noso silencio: Pediatras e matronas XA!
Queremos que atendan ás nosas crianzas XA e con calidade!
Queremos que @s xóvenes e mulleres teñan unha matrona de referencia! Queremos que @s profesionais que nos atenden o fagan en condicions dignas!
A través deste Manifesto instamos ás administracións competentes a que cambien de forma urxente este modelo asistencial de máxima precariedadena atención primaria e mostramos toda a nosa vontade para participar nunha reunión enfocada a acoller e dar resposta a tódolos aspectos recollidos no presente documento.
- Asdo: Asociación Pediatras e Matronas Xa.
Novas sobre os recortes en pediatría
- Febreiro 2022: As familias de Dumbría e Muxía volveron saír á rúa tras estar 6 dos últimos 13 meses sen pediatra.
- Álex Peña, o pai muxián que leva os recortes en pediatría polo Camiño.
- Novembro 21: Collendo aire polo Día Internacional da Infancia.
- Novembro 21: Peregrinación e manifestación para loitar contra os recortes na Sanidade Pública Galega.
- Abril 2021: Un himno na loita por un servizo de pediatría digno