Martes. 19.03.2024
El tiempo

Felisa, a nova centenaria de Lires

Felisa, a nova centenaria de Lires
felisa-centenaria-cee Felisa Domínguez - coa súa bisneta no brazo - cumpriu o pasado sábado 100 anos Unha sente envexa (da sá) de ter unha avoa coma Felisa. Esta veciña de Lires, cumpriu o pasado sábado nin máis nin menos que 100 anos rodeada da súa familia. "Está moi ben" comenta a súa filla María, que é con quen reside a nova centenaria do concello de Cee e que se suma á lista dos máis lonxevos da Costa da Morte xunto coa carballesa Carmen Collazo Sande (105), Enriqueta Bermúdez Domínguez, de Quilmas, (104), con Edivia Trillo Capelo de Cee que cumpría hai apenas unha semana os 103 anos, e Ricardo Coiradas, natural da Redonda, que cumpriu 102 en outubro. En Zas este ano teñen novos centenarios, José Ameijeiras Suárez, de Fornelos (Baio) e en Vimianzo están Esperanza Costa (de A Piroga)  e Manuel Amigo que xa pasan dos 101. Felisa Domínguez Castro naceu o 28 de abril de 1918 no lugar de Padrís, en Sardiñeiro (Fisterra). Xa de pequena foi vivir para Canosa e, unha vez que se casou, mudouse a Lires onde sigue vivindo cunha das súas fillas. Traballou de xornaleira polo que unha das súas afeccións segue sendo ir traballar ao monte, ainda que agora xa non lle deixan. O que si fai sempre a climatoloxía é dar un breve e reconfortante paseo por Lires. felisa-dominguez-castro-lires Felisa celebrou o seu 100 aniversario rodeada da súa familia Esta data tan sinalada, serviu para que toda a familia de Felisa se xuntaran e pasaran un día moi especial no que ademais celebraron o bautizo dunha das súas bisnetas. Felisa ten tres fillos, dúas netas, dous bisnetos e uns ollos cheos de vida!. Parabéns Felisa! Novas relacionadas   Fonte    

Comentarios