Unha ferida tras un accidente en Cee

08:43 15/01/21
Esta pasada tarde de xoves, unha persoa resultaba ferida tras unha colisión entre dous vehículos na AC-550 a altura de Suministros Lar. Bombeiros, Garda Civil e o 061 acodiron ao lugar e trasladaron á ferida ao Hospital Virxe da Xunqueira.