Fernando Blanco segue exercendo de mecenas a base de becas
          
    09:17 09/09/13 
            
Gran iniciativa esta das becas a artellada polo I.E.S. Fernando Blanco e a Fundación Fernando Blanco de Lema, que continúan a levar a cabo a labor de mecenazgo do seu mentor. Así, este sábado 7 de setembro, no salón de actos do instituto, celebrouse a cerimonia de entrega das becas Fernando Blanco.
Estas becas foron creadas co fin de recoñecer o esforzo e adicación dos alumnos deste emblemático centro educativo. Entregáronse un total de 5 becas aos mellores expedientes académicos de 3º da E.S.O., 1º de Bacharelato, 1º de Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e 1º de P.C.P.I., correspondentes ao curso 2011-2012.
Os agraciados da segunda fornada de becarios (o ano pasado estreábanse estas becas) foron:
- Ariane Lema Paz (1º P.C.P.I, cunha nota media de 9,30);
 - Sergio Grandío Rodríguez (3º da E.S.O, cunha nota media de 9,58);
 - Maruxa Cernadas Leis (1º Bacharelato, cunha nota media de 9);
 - Santiago de la Fuente Calvo (1º Ciclo Medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, cunha nota media de 10);
 - Yoana Moreira Pose (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas, cunha nota media de 9,14).
 
Ao emotivo acto acudiron D. Xesús Vázquez Abad, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Fermín Álvarez Lata, Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña, os membros do Padroado da Fundación Fernando Blanco de Lema, D. Carlos Oliete en representación de FerroAtlántica, concelleiros, representantes das casas colaboradoras, profesorado do propio I.E.S Fernando Blanco e familiares dos alumnos premiados.
Estas becas están organizadas conxuntamente polo I.E.S. Fernando Blanco e pola Fundación Fernando Blanco de Lema, entidade, esta última, que conta co patrocinio do Concello de Cee e da empresa FerroAtlántica.
Novo curso de adultos
Mentres, no IES Fernando Blanco de Cee, permanece aberto o prazo de inscrición para cursar os módulos 1 e 2 para Adultos. Estes estudos conducen á obtención do título de Graduado na E.S.O. e están dirixidos a persoas maiores de idade que poidan asistir ás clases en horario de 18:30 a 22:30 h. Tamén seguirá aberto durante todo o ano o prazo para inscribirse en programas de alfabetización, necesarios para estudar os módulos que conducen ó título da E.S.O.
Para inscribirse, é necesario presentar unha solicitude acompañada de fotocopia do D.N.I. mais o libro de escolaridade ou certificado de estudos. Para mais información contactar coa secretaría de 10.00 a 14.00 horas.
Novas relacionadas
Relatos da Fundación
- Relatos da Fundación: “A promesa”.
 - Relatos da Fundación: Emigrar de novo.
 - Relatos da Fundación: Cousas que quedarán sen saberse.
 - Relatos da Fundación: Lonxe da terra.
 - Relatos da Fundación: Pegadas galegas polo mundo.
 - Relatos da Fundación: Amor pola familia.
 
Máis información
Fonte
- Fundación Fernando Blanco.